En Carpintería Juan M. Carou tamén coidamos do teu descanso cos mellores colchóns, canapés, somieres, almofadas e cabeceiras tapizados, con distintas medidas e calidades para que atopes a opción perfecta.
Traballamos con varias marcas e empresas do sector para ofrecerche un abanico de opcións e calidades. Ademais, grazas ao noso taller de carpintería artesanal en Noia, podemos deseñar e fabricar os mobles do teu dormitorio, logrando un conxunto único e totalmente personalizado.