Restauración de mobles e artesanía

Ás veces temos na casa recordos de valor non só económico senón tamén sentimental da nosa familia que polo paso do tempo se foron deteriorando e gustaríanos que volvesen ter o seu aspecto orixinal, en Carpintería Juan M. Carou restauramos mobles de madeira, artesanía ou pezas antigas para que volvan lucir como o primeiro día. Restauramos baules de madeira, reloxos de parede, cadeiras, retablos, esculturas de madeira e calquera peza ou mobles de madeira. Consúltenos, asesorarémolo e aconsellarémolo sobre a restauración do seu moble ou peza de artesanía.