Traballos de carpintaría de madeira

Carpintería Juan M. Carouz é unha empresa moderna e familiar, especializada no traballo de carpintaría tanto para a industria coma para o fogar, que dende o principio da súa andaina está no total convencemento de que o traballo ben feito é a mellor publiciade.

Os nosos profesionais contan cunha ampla experiencia de máis de 20 anos no sector. Traballamos con compromiso e responsabilidade para a súa satisfacción. Os nosos produtos son deseñados persoalmente, tanto polos nosos colaboradores coma polos nosos clientes, desenvolvendo así traballos exclusivos e persoais; coidando ata o último detalle e ofrecendo traballos de excelente calidade. Os nosos traballos combinan á perfección a estética e a funcionalidade.

Seleccionamos os mellores materiais, tanto na elección da madeira coma nos elementos auxiliares e ferraxes. Realizamos todo tipo de traballos de carpintaría: tarimas, portas, mobles á medida, soportais, cociñas, escaleiras e pasamáns, locais comerciais, vestidores, pérgolas, etc.

As nosas propostas son orixinais e adáptanse a diferentes presupostos. Veña a visitarnos e pida presuposto sen compromiso.

Facemos:

  • Armarios e vestidores.
  • Carpintaría a medida.
  • Portas de interior e exterior.
  • Soportais e pérgolas.
  • Locais comerciais e hoteis.

Juan M. Carou

  • Escaleiras e pasamáns.
  • Carpintaría de madeira.
  • Tarimas e solos de madeira.
  • Cocinas e baños.
  • Restauracións e artesanía.